
A perda desta aula suporá a perda de 3 mestres de educación específica, concretamente música, ximnasia e inglés
O CEIP Xose Manuel Folla Respino de Vilamartín contará cun aula menos para o vindeiro curso 2021/2022 tras a continua perda de alumnos nos anos anteriores. Tras manter unha reunión con pais, nais, consello escolar e dirección informaron da situación do centro.
Actualmente o colexio conta con 21 alumnos matriculados, e coa perda desta clase tamén deixarán de contar cos profesores especialistas de educación física, musical e inglés.
Ademáis os alumnos pasarán a estar divididos en dúas aulas, Infantil e Primaria. Haberá novos mestres, un para cada aula e outro de inglés que será compartido con outro centro escolar.
Dende o consistorio esperan que os pais de Vilamartín reflexionen debido as instalacións cas que contan e que teñen moitas posibilidades ante un continuo descenso do alumnado que en poucos anos pode levar ao peche definitivo do centro.