«Un aplauso pola organización, outro pola xente de Vilamartín e polos coveiros», así remataba o seu emotivo e reivindicativo pregón Nita Macía, vilamartinesa e directora do Clúster de Turismo Sostible en Aragón. A praza enchíase de aplausos de todos os asistentes mentres se lle entregaban dous agasallos.

As covas, na voz de Nita, eran ese punto de encontro que sempre había nos pobos. Sábados ou domingo, aí se xuntaba toda a familia con máis veciños para «simplemente estar».
Este non é o único que se debe por en valor, tamén a todos os antepasados que loitaron para que as covas pasaran dunha a outra xeración. «Souberon transmitirnos o esforzo dese lugar», aseguraba Nita. Grazas a loita e a transmisión de valores, agora «temos un respecto enorme por ese espazo».

Este 3 de agosto abrirán o seu "santuario" a miles de persoas das que esperan que comprendan a importancia de «vir de festa, pero non somos un lugar temático ou un sitio para facer botellón». Nita defíneo como un «templo sagrado» que conta con un valor no territorio.
Por este motivo considera moi importante ser capaces de «transmitir» este sentimento de devoción cara ás súas covas, «que sexan embaixadores delas».
A pregoeira resalta que este é un lugar «único», xa que noutros puntos non existe esta concentración patrimonial de covas. Ademais, matiza que as persoas non son «conscientes» de cal é o valor que teñen debaixo dos «seus propios pes». Aínda que isto non é «solo culpa da xente que nos visita. Tamén é noso por non dar relevancia o espazo no que están».
Outro dos valores engadidos que destaca Nita é o traballo que realizan dende a Asociación Coveiros, «si esta festa non existise as covas tampouco o farían». De feito, hai moitos donos de estes espazos que visten de gala as súas para este momento "especial".
Sumado a isto sinala o «efecto pegamento» desta celebración, xa que segundo ela mesma relata «grazas a este momento a xente de Vilamartín tempos a escusa perfecta para xuntarnos».
Ao rematar o pregón realizouse unha homenaxe a Adel Núñez, un dos coveiros, e a colaboradora Encarnación Fernández.
