
«Luís era un exemplo como deportista e como persoa», así é como recorda Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, ao tirador de xavelina, Luís Nogueira.
Despois de tres anos dende o seu falecemento o Concello de Vilamartín de Valdeorras e o Club Adas realizarán unha homenaxe ao deportista. Aínda que Álvarez acórdase máis da súa faceta como veciño, «sempre estaba para todo o mundo». Enrique mudábase a San Vicente con apenas 10 anos, dende ese momento, Luís, comezou a ser esa persoa «que queríamos levar dentro».
No terreo de deporte acórdase do seu «afán de superación». Sempre melloraba, de feito, o alcalde de Vilamartín destaca que os seus maiores éxitos os alcanzou «sendo maior, falamos de 50 ou 60 anos».
Un día cheo de actividades por Luís Nogueira
Este sábado, 24 de agosto, comezará o acto ás 9:20. Momento no que se descubrirá unha placa no Pavillón do Bañadoiro. Ademais, tamén se presentará un busto realizado, «de maneira gratuíta», por Xelo de Tremiñá xunto a Pablo Deramond. Ambos os artistas tamén realizaron unha escultura para San Vicente de Leira.
Ás 9:30 dará comezo unha andaina pola Ruta da Loba da Fada, «a el encantáballe». Sobre as 13:00 estímase chegar a aldea de Luís Nogueira é aí «descubriremos a escultura e a placa».
Pode escoitar a entrevista completa na seguinte ligazón: