viernes. 19.04.2024
portada_somoscomarca_anxorei_florencio_panxoliña_2022-12-23 (1)
somoscomarca_anxorei_florencio_panxoliña_2022-12-23 (1)

«Esta noite é Noiteboa; hai ledicia non hai dór. Mais cando a pasemos xuntos, ha de ser Noite-millor». Con estes versos de Florencio comeza a panxoliña que o músico valdeorrés Anxo Rei compuxo como peche das Letras Galegas adicadas ao poeta corgomés.

O poema, titulado Panxoliñas, está entre os escritos inéditos deixados por Florencio e recollidos por Ricardo Gurriarán na primeira edición da biografía que adicou ao seu parente. O poema, datado en 1963 en Nova Galiza, México, escribiuno uns anos antes do seu primeiro regreso tralo exilio.

A súa filla Maruxa Delgado, lembraba estes días como o seu pai cantaba en tódalas reunións familiares, especialmente no nadal. Case sesenta anos despois, estes versos collen ton e textura na voz de Anxo Rei, acompañado na guitarra e nos arranxos de Jorge F. Ojea. «Tocaremolo pandeiro, bailaremola muiñeira, cantaremos panxoliñas… ¡Miña madriña, qué festa!».

on esta composición Anxo Rei xa suma máis de vinte adaptacións de poemas de Florencio. As primeiras forman parte do disco Fronteira de Cegoñas, que publicou no 2004. Este verán volveu estrear novas pezas no concerto que ofreceu no Barco dentro da programación do ciclo De perto.

somoscomarca_anxorei_florencio_panxoliña_2022-12-23 (2)

O músico valdeorrés tivera ademais a oportunidade de cantar diante de Florencio na homenaxe que se lle fixo no Barco en 1981. Este ano, tivo ocasión tamén de coñecer e cantarlles ás fillas de Florencio grazas á programación das Letras Galegas. Valdeorras no epicentro da cultura galega A canción de Anxo Rei foi o peche perfecto para un ano no que Valdeorras foi un dos epicentros da cultura galega.

Con decenas de eventos, encontros, actuacións, conferencias, catas, recitais, teatro, concertos, murais, roteiros, concursos, galas, contacontos, libros… a comarca foi un fervedoiro de actividade e celebración polo recoñecemento que a Real Academia Galega deu a Florencio Delgado Gurriarán e por extensión, ao exilio mexicano e ao galego valdeorrés.

E para celebrar este peche onte reuníronse na Aira dos Bolos de Córgomo, a zona cero das Letras Galegas, unha boa representación das institucións que integran o proxecto As Letras de Flroencio e que a partires do 2023 estarán na futura Fundación Florencio Delgado Gurriarán: os concellos de Vilamartín, O Barco, A Rúa, Petín e Rubiá e mais o Instituto de Estudios Valdeorreses. Foi unha foto final brindando con Anxo Rei e celebrando que remata o ano das Letras pero ábrese un novo tempo para a cultura galega en Valdeorras.

As Letras de Florencio despiden o ano cunha panxoliña musicada por Anxo Rei