lunes. 02.06.2025

A figura do atleta Luis Nogueira «é parte da nosa historia»

O Concello de Vilamartín acollerá unha homenaxe-memorial ao deportista valdeorrés o próximo 24 de agosto

Despois de tres anos dende o seu falecemento, o Concello de Vilamartín de Valdeorras está ultimando os detalles co Club Adas, «e con máis xente», segundo explica Sherezade Núñez, tenente de alcalde, unha homenaxe-memorial ao deportista Luís Nogueira. «Agardamos que como é solidario teña moita participación», desexa. 

O 24 de agosto, día elixido para esta iniciativa, constará de varios actos protocolarios e dunha andaina, «el era amande da ruta Loba da Fada». Entón a idea é facer ese percorrido ata San Vicente. Xa no pobo «imos descubrir unha escultura e unha placa nunha rúa que vai levar o seu nome». 

Previo a esta andaina, dende a organización, teñen previsto que en Vilamartín se inaugure un busto en honor a Nogueira no Bañadoiro. A maiores, tamén se colocará unha placa emblemática no pavillón. 

É imprescindible recordar que fai «un par de anos» nunha sesión plenaria tomouse a decisión de polo nome de Luís Nogueira ao pavillón municipal. Entón, con isto o que se pretende é «dar o pistoletazo de saída a todo isto para que perdure na memoria de todos os valdeorreses. É parte da nosa historia», matiza Sherezade Núñez. 

A figura do atleta Luis Nogueira «é parte da nosa historia»