sábado. 05.07.2025

A feira de produtos artesáns de Córgomo resiste o tempo

Doces, accesorios feitos con madeira natural, mel ou queixo é o que se ofreceu, para mercar ou degustar, durante esta mañá no pobo
somoscomarca_240514_corgomo_feira32
A feira de produtos artesáns de Córgomo resiste o tempo

Outro ano máis, este 17 de maio, Córgomo acolleu a feira de produtos artesanais da man da Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. «Para non deixar decaer o espírito do que vivimos o ano pasado», aseguraban na primeira edición dende a asociación. 

Recordemos que no ano 2022, o pobo convertíase na capitalidade da cultura galega, un fito que puxo a aldea vilamartinesa no punto de mira. E así o queren manter. «A idea é poder facela máis tempo se vemos que hai apoio. É unha lembranza de ese día que celebramos esa "florenciada", ese Día das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán», asegura Soledad Figueroa, presidenta da asociación. A maiores, queren seguir «lembrando a todos os que homenaxean cada ano». 

somoscomarca_240514_corgomo_feira31

Nesta ocasión, mel, doces, queixo, artesanía, artigos de segunda man, produtos da terra, licores, aceite e viño. Todo isto estivo exposto para mercar e catar desde ás 11:00 ata as 14:00 horas. O tempo non quixo acompañar esta mañá. A pesar de esta condición climática as ganas de amosar estes produtos feitos con esmero puido con todo. 

somoscomarca_240514_corgomo_feira34

«Quixeron apoiar a iniciativa desta segunda feira.  A pesar de non haber moita xente, como o ano pasado, queremos dar as grazas os feirantes que fixeron un esforzo de vir. Esperemos que teñan un bo día aínda que o tempo non nos acompaña», desexa Figueroa. 

somoscomarca_240514_corgomo_feira37

«Ían ser 14, pero dous deles non puideron asistir», explica Figueroa. Polo tanto, entre eses 12 postos estivo a «mel do Tío Miguel» e o de «O Marquesado». A bica de Raigada, en Manzaneda; licores do Barbudos; queixo de Cumbres de Trevinca; produtos da terra de Alex Plant; e doces de «rosquillas Ancla». A maiores acudiu «o aceite de Terras Gigurras e viño de Adega d´Berna, Tamén estivo Matilde, a pulpeira da Rúa», enumera a presidenta. 

A feira de produtos artesáns de Córgomo resiste o tempo