domingo. 01.06.2025

Falamos de tradicións: A pisa das castañas

A intención dos veciños de San Vicente é non deixar morrer as súas tradicións e tampouco que a xente as olvide

Ángela é a encargada de relatar, paso por paso, esta fermosa tradición que tantos anos leva nos pobos. Falamos da "pisa das castañas". 

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (8)
Grupo de mulleres da asociación que participaron na pisa

O primeiro que hai que facer é ir a recolecta de castañas. Unha vez que se teñen as necesarias bótanse na caniceira, iso si, tentando non enchela de todo.

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (7)
Dándolle volta as castañas na caniceira

¿Que é a caniceira? É un conxunto de listóns de madeira espazados polos que pasa o calor que lles proporciona o lume que hai xusto debaixo. Pouco a pouco, haille que ir dando voltas para que se sequen ben por todas as partes.

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (5)

¿Como saber se están listas para o seguinte paso? O que se fai é coller unhas poucas, de diferentes sitios da caniceira e, asi, saberase se están ou non o suficientemente secas para proseguir ca tradición. 

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (1)
As castañas que están dentro do saco bátense contra o tranco de madeira

Agora si, chega o momento de pisa. O que se fai, de maneira tradicional, é metelas todas nun saco e comezar a pisalas ou golpealas para que de esta maneira se desprendan da casca.

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (4)
Sácanlle a pel que quedou pegada 

Despois, retíranse do saco e procédese a facer a selección con axuda da criba ou bandoxo. Todas aquelas que estean rotas ou en malas condicións serán utilizadas para alimentar aos animais. En cambio, as que si superen esta proba, gardaranse para consumo propio ou, tamén, para a venda.

somoscomarca_231214_sanvicentedeleira_pisadacastaña (6)
Limpas como unha patena, listas para gardar

Vídeo da pisa cedido pola Asociación de Veciños de San Vicente de Leira:

Falamos de tradicións: A pisa das castañas