Cando aparece unha peza curiosa no medio dun pobo sempre é algo que chama a atención e máis cando ten un aspecto antigo. Isto é o que aconteceu en Arnado, Vilamartín de Valdeorras.
O descubrimento foi encontrado mentres se realizaban as obras de mellora da rúa central. «Estamos un pouco sorprendidos», asegura o alcalde, Enrique Álvarez. El mesmo recorda que «de profesión son canteiro», entón segundo viu a pedra chamoulle a atención. «Mostraba algo interesante», matiza.
A simple vista parecía un muíño tradicional como es que se poden atopar na zona. O interese fixo que Álvarez se acercase até a construción, aí foi cando viu algo que «non cadraba». Presentaba unha parte cóncava que «non coincidía co que tiña eu na imaxinación de como era ese tipo de pedra».
Con motivo destas dúbidas decidiu pórse en contacto con José Fernández, máis coñecido como Pepe das pedras. Este foi o encargado de resolver o dilema, «dixo que era unha moa oleira, un muíño de aceite». A maiores, o alcalde conta que este tipo de ferramentas puxéronse en «funcionamento a partir do século quinto ou sexto antes de Cristo». Sumado a isto, é importante destacar que non é común atopar este tipo de moas no val, «si que se habían atopado nas partes máis altas».
A causa deste descubrimento puxéronse a «artellar» para coñecer o funcionamento e así restauralo. Comezouse a crear a moa de pedra que faltaba —con esta coincidía tracción cunha persoas para esmagar a oliva—.
O que falta agora é «rematar o tema da madeira». Completados os traballos de reparación a principal intención é deixalo nun lugar cercado onde apareceu «que é a praza do pobo». Ao lado colocaríase un cartel explicativo do funcionamento.
Moitos veciños sorprendéronse deste achado. Álvarez recorda que en ocasións algunha persoa díxolle que «era unha pena tela alí sen colocar».