O día de San Cosme volveu reunir un ano máis a veciñanza na pequena aldea do Robledo, mantendo viva unha das tradicións do concello de Vilamartín. A romaría comezaba, como é costume, na praza do municipio, desde onde un pequeno grupo de persoas percorreu a pé os oito quilómetros que separan a capitalidade da igrexa do patrón.

O camino que seguiu a Ruta da Loba da Fada, ofreceu aos romeiros un percorrido cheo de lembranzas e vistas espectaculares sobre San Vicente, o Montouto e as montañas que rodean a comarca, iso si doutro xeito ao acostumado. Un itinerario que segue a ser punto de encontro para compartir conversa, camiñar en compañía e vivir a tradición.

No aire ainda quedan restos do olor a fume, as ladeiras están peladas e negras e o Regueiro da Filgueira e o Río Leira láianse de que as súas augas no parasen o infrenal lume. Os romeiros seguiron un camiño que outrora era verde e, agora? Agora , xa non.

Antes de Cernego pasaron polas súas pozas que abastecen o rego da aldea, logo o cemiterio onde o gran pino que había ao seu carón ardeu, igual que arderon os castiñeiros centenarios e mesmo as casas de enriba do pueblo. Iso si as vistas desde alí de San Vicente o Montouto e todas as montañas aínda é máis impresionante aínda que devastador.

Ao chegar á capela de San Cosme, as badaladas anunciaron o inicio da misa e a procesión. A Virxe e San Cosme, saíron en pequenas andas polas rúas acompañados polos veciños e polos devotos que cada ano acoden á cita. Tras a cerimonia relixiosa, chegou o momento da xuntanza: unha comida popular, ocasión para falar, reencontrarse e, como non, botar un baile, porque tamén nas festas se atopan forzas para mirar cara adiante con ánimo.

Outros decidiron comer á sombra dos castiñeiros que quedaron libres das lapas aos arredores do Robledo. Un xantar que os romeiros de antano xa facían.

Pola tarde, non faltou tampouco o xogo tradicional dos bolos, actividade que sempre atrae tanto a maiores coma a cativos. Así, entre música, tradicións e boa compañía, Robledo celebrou un San Cosme que demostra que, malia as dificultades, hai patróns e costumes que seguen a manterse vivos, enchendo de vida e esperanza á parroquia.
