jueves. 18.04.2024

O CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartín foi escenario onte da presentación dunha exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán en cuxa confección participaron todos os nenos e nenas de infantil de todos os centros da comarca de Valdeorras. A responsable do proxecto que busca un Día das Letras para o poeta corgomés, Débora Álvarez, explicaba a aventura que comezaba xa, según explicou, o ano pasado. «A cada centro démoslle un poema e os rapaces os traballaron cos seus profesores para facer un deseño do que eles pensaban que falaba o poema; con eses deseños creamos a exposición».

Explica Débora que o obxectivo «é achegarlles a poesía que quizáis sexa a máis asequible para eles», a do primeiro libro de Florencio Bebedeira, de poemas máis animistas e paisaxistas. A idea é que esta exposición rote e se mova polos diferentes centros da comarca. A semana pasada a exposición foi levada ata A Rúa, onte a Vilamartín, e o pronóstico frenou a súa ruta hoxe xoves por mor do pronóstico desfavorable de tormentas.

Tras a reeorganización do calendario de rotación da exposción polos centros da comarca, a responsable do Proxecto As Letras de Florencio, apunta que están a crear unha unidade didáctica para ofrecer a exposición aos centros escolares de fora da comarca. Así o colexio que a reciba poderá traballar seguindo a unidade didáctica conseguindo así que a mostra sexa independente. A partir de setembro esperan que estas expectativas se cumpran e a exposición «comece a dar voltas por toda a comunidade galega».

Colexios de toda a comarca participan nunha exposición sobre Florencio