A Asociación San Vitoiro, de moi recente creación, concretamente en abril do 2024, é a organizadora do día grande das Festas de Cernego. San Vitoiro, que portaba o seu tradicional roscón e acompañado de outras tres imaxes, incluida a virxe, saía da igrexa seguido dos fieles.

A xornada comenzaba coa alborada a cargo de Os parrandas e continuaba coa procesión, que comenzaba ás 13.15 horas, co santo acompañado dos feligreses percorrendo as singulares e fermosas rúas da localidade para voltar ao templo, donde comenzaba a misa.

Ao remate dos oficios, e antes da sesión vermú, sorteouse o roscón que acarreaba o Santo. Desta maneira, a asociación quere recuperar a tradición da subasta que se facía con partes do porco, que os feligreses levaban ao templo para ofrecerllos o San Vitoiro e bendecilos.

Pola tarde continua a festa coa actuación do grupo Brisas do Sil, a partir das 19.30 horas. Con este grupo a recen constituida asociación, quere lembrar e facer unha pequena homenaxe ó que fora un dos seus membros, xa falecido.