miércoles. 06.12.2023

Un mes levabamos esperando en Somos Comarca a que o historiador valdeorrés, Antonio Castro Voces, desvelara o final da historia sobre o abade de Vilamartín, Antonio Ruiz de Padrón, que comezou a contar no pasado mes de xaneiro. E velaí temos o desenlace:

Somos Comarca: Valdeorras quere saber qué lle aconteceu a Ruiz de Padrón a súa volta de Cádiz…

Antonio Castro Voces: Recordemos que Ruiz de Padrón foi participar nas Cortes de Cádiz das que xurdiu unha nova Constitución, e nas que él tivo un papel destacado participando na supresión do Tribunal da Inquisición e na abolición do voto de Santiago.

Pois unha vez chega a terras valdeorresas, as cousas cambian de forma drástica. Volve reinar Fernando VII e con él volve o absolutismo, co cal faise tábula rasa de todo o que se aprobara nas Cortes de Cádiz. Ruiz de Padrón tópase cun enemigo visceral que será o bispo de Astorga, Don Manuel Vicente Martínez y Ximénez, que lle declarará a guerra e lle fará a vida imposible.

Hai que dicir que Ruiz de Padrón, cando volve de Cádiz, tarda uns meses en chegar a Valdeorras porque se para en Madrid, para establecer unha serie de contactos con personaxes do partido liberal. Esto créalle un malestar ao bispo que pide explicacións e automáticamente inicia un proceso que encarga ao fiscal eclesiástico da Diócesis, Don Atanasio del Peral, co fin de esclarecer cal foi o seu comportamento tanto en Cádiz como na estancia en Madrid.

Desta forma, dan por feitas as noticias que chegan e o condenan á cárcere. Ruiz de Padrón ten que estar preso todo o día no Seminario Conciliar de Astorga, pero como é unha persoa xa maior, con non moi boa saúde, lle permiten saír polas tardes a dar paseos pola cidade baixo as ordes do profesor Don Fernando Alonso. Se lle retiran todos os bens que ten, tanto os que tiña propios como os heredados, e se lle prohíbe o exercicio como crego.

SC: E, ¿ata cándo dura esta situación?

ACV: Él non estaba contento con esta sentencia que cree totalmente inxusta, así que presenta alegacións ante o metropolitano de Salamanca, Don Manuel Vidarte, que no ano 1815 levanta esta forte sanción imposta, e o abade de Vilamartín é reposto de novo a súa parroquia. Volve a Valdeorras dende o convento de franciscanos de Cabeza de Alba, sito entre Corullón e Villafranca del Bierzo, e o fai ca publicación da sentencia, que foi obligatoria para que en todas as parroquias da Diócesis todo o mundo se enterara de que a sentencia contra él fora inxusta.

SC: E o bispo de Astorga, ¿admitiuno de novo?

ACV: Pouco podía esperar Ruiz de Padrón do bispo de Astorga, que se negou a acatar a Constitución de Cádiz e fuxiu a Portugal durante dous anos para non ter que rendirlle pleitesía ao novo ideario xurdido das Cortes. Pouco podía esperar dunha persoa que viu en Ruíz de Padrón un elemento subversivo que lle podía revolucionar ao resto dos cregos da Diócesis, e que actuou contra él con toda a malevolencia posible.

A pesar de que finalmente é reposto no seu cargo en Vilamartín, pouco poderá desenvolver a súa actividade porque está moi delicado de saúde. No ano 1823 foi elexido de novo diputado pola provincia de Galicia pero apenas exerceu este cargo porque no mes de xullo dese mesmo ano falece un dos persoxes máis importantes e de maior relevancia dentro do mundo liberal da comarca de Valdeorras.

Castro Voces: "Ruiz de Padrón pagou coa cárcere as súas ideas liberais"