viernes. 19.04.2024
somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (9)
O Bañadoiro queda sen árbores ben polas talas ou pola baixada da agua

Vilamartín. O Concello de Vilamartín ve con preocupación a falla de árbores na zona do Bañadoiro, ben por mor das recentes talas ou pola seca que afecta a zona de Valdeorras mentres o consistorio busca xa solucións. 

"É unha pena, a parte máis importante das árbores era a dos chopos, pediramos a Confederación cortar eses chopos á metade para non ser tran drásticos, xa que non reunían as condicións, pero quitaron todo", comenta Enrique Álvarez.  

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (20)
Así quedou a desembocadura do Río Leira a súa chegada ao Sil

Nunha entrevista con Somos Comarca, o rexedor explicou que había "un serio problema"  nesta zona con estas árbores, dado que caeran xa bastantes ramas puidendo provocar algún accidente. 

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (19)
Un dos chopos talados no Bañadoiro

A dito problema, hai que engadir a situación na que se atopan os amieiros, como consecuencia da baixada do nivel de auga no encoro, trala rotura da comporta e que provocou que este vaia baixo. 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Así estaba a zona so Bañadoiro antes da tala

 

«No momento en que baixou o nivel do encoro, agora estas árbores están secando tamén, non só na zona da barandilla senón en todo o perímetro»; unha situación que o Concello xa puxo en coñecemento da Confederación Hidrográfica. 

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (4)
Así está agora esa mesma zona. Eso sí xa hai plantadas árbores de ribeira

«Entre que se cortaron os chopos polo perigo que supoñían e a seca dese árbores por mor da baixada da auga temos o Bañadoiro que non está no seu mellor momento», comentou o alcalde, quen espera que «máis pronto que tarde» a zona poida recuperar todo o seu esplendor trala plantación de novas árbores de ribeira tras recoñecer que O Bañadoiro non está no seu mellor momento». 

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (8)
Os amieiros secan ás dúas beiras do río

En canto a outros proxectos nesta área, o rexedor explicou que despois das diferencias respecto a cal debería ser o trazado no Camiño do Inverno, un dos obxectivos agora é facer un camiño de terra. En total, un kilómetro cen metros que poderá recorrer o peregrino, e a o que se sumarán novos tramos. 

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (2)
Camiño de terra feito para que os peregrinos camiñen ben

«En total, serán tres o catro kilómetros que entendemos que o peregrino agradecerá, que quedará perfectamente definido e que é o que busca», apuntou Álvarez. 

somoscomarca_vilamartin_bañadoiro_seca_obras_panoramicas_2022 (6)
Camiño para os peregrinos arranxado polo Obradoiro de Emprego este ano

Por outra banda, o alcalde apuntou que se está traballando para correxir erros e os peregrinos poidan percorrer o trazado orixinal do Camiño. Segundo indicou, este pasa pola pasarela e permite «desfrutar da imaxe da pasarela e as casas colgantes». Polo momento, o consistorio segue traballando nesta zona e de feito acaba de descubrir unha fonte sen esquecerse da parte próxima a Penouta onde hai todo «un patrimonio que temos que descubrir e por en valor». 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Casas colgantes de Penouta que se poden ver desde o Camiño de Inverno

O Bañadoiro queda sen árbores ben polas talas ou pola baixada da agua