
Arcos remata os tres días de festa sacando o seu patrón, San Lourenzo, en procesión polas rúas do pobo engalanadas con baldeiriñas típicas e outras non tanto. Nunha das rúas un veciño colgou camisetas de diferentes cores, unha maneira orixinal de adornar a localidade.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/IMG_1867.jpg"]
As 12:30 horas do 10 de agosto os veciños da localidade vilamartinesa sacaban o seu patrón en procesión para logo oficiar a misa na honra do santo. A música das gaitas acompañárono polas rúas do pobo que xa arrecendían cos manxares da comida.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/IMG_1860.jpg"]
A orquestra Limón actuaba na praza ese mesmo día pola tarde, no que tamén houbo xogos infantís.
O día 11, as 22:00 horas, e aínda coa resaca da festa, o protagonista será o teatro. O grupo teatral de Arcos representará “Médico A Paos”.