
Acercarse o teatro sen necesidade de habelo feito previamente e sen ter que memorizar texto. Esta é a proposta que traen dende a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo (Vilamartín).
Este obradoiro correrá a cargo de Anxo Baranga, membro de Furafollas Agrupación Teatral. Trátase de «aprender uns dos outros. Todos sabemos contar historias, pero cada un ten a súa propia maneira de contala», explica Baranga.
«Aprendemos uns dos outros. Por exemplo, un señor maior a contarlle o que lle sucede o médico», conta entre risas o membro da agrupación teatral. Algo que resalta en reiteradas ocasións Anxo Baranga e que non é preciso «aprender textos nin importan as idades».
De feito, o prazo de inscrición está aberto para todas aquelas persoas que se queiran anotar dende os nove anos ata os 99. O curso contará cun máximo de 12 persoas, «catro grupos de tres pode funcionar moi ben», espera. Para poder anotarse pódese enviar un correo a: corgomuru@gmail.com.
Este obradoiro está recomendado, sobre todo, «para aquelas persoas que nunca fixeron teatro, que non teñan medo nin vergonza», asegura. Ao final, despois de tantos días unidos acábase «creando unha familia».
Poderase desfrutar deste taller os días 13, 14, 15 e 16 de maio en horario de 19:00 a 21:00. A localización elixida será a Casa do Pobo de Córgomo.
Próximo obradoiro en Córgomo
Xa con vistas no verán, Anxo Baranga xunto a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo, están intentando organizar outro taller. Nesta ocasión estará enfocado no «papel maché. É papel reciclado, fariña e auga», explica.
Hai diferentes técnicas que «te sorprenderían, chégase a non saber se o que se observa está feito de cartón ou de barro», asegura Baranga. Ó que engade: «Eu quería facer isto cas Mulleres Rurais. Elas dixeron que si, entón veremos a ver se no verán se pode facer».