sábado. 20.04.2024

Coñecíamos esta semana que unha nova asociación estase a fundar en Vilamartín, que persigue recuperar os ideais do Partido Galeguista. A persoa da que xurdiu a idea de poñela en marcha, Antón Rodríguez Prieto, explicou que a asociación como tal, á que pertencen 8 membros, «xurdiu hai catro anos en homenaxe a tódolos homes e mulleres esquecidos de Vilamartín». Xurdimos «coa intención de traballar na memoria histórica, da recuperación da nosa cultura, do noso patrimonio».

A intención da nova asociación é «buscar o desenvolvemento rural para que vaia máis alá de facer unha recuperación do legado do Partido Galeguista». Así o explica a cabeza visible deste equipo, que insiste na «idea de amor propio e querer traballar polo sitio onde queres vivir».

Se queres escoitar a conversación enteira que mantuvemos con Antón Rodríguez, podes facendo click no seguinte link:

Antón Rguez: «A asociación nace coa intención de traballar na memoria histórica»