viernes. 29.03.2024

Non é a primeira vez que veñen a Valdeorras pero si a primeira que o fagan con furia, a do seu espectáculo Furia necesaria co que as poetas Lucía Aldao e María Lado queren oporse á imaxe de amor e tenrura tan presente no xénero lírico e que elas contrapoñen con rebeldía e algo de cabreo. Esa é a súa nova proposta escénica coa que a sorpresa, as risas e a emoción están mais que garantida.

Actúan este sábado 20 de agosto ás 21 horas na Praza José Luis Núñez de Vilamartín e con elas péchase o ciclo teatral das Noites de Florencio, que se despide o venres 27 co concerto de Sr. Jingles en Córgomo e un xogo para rapazada o domingo 29 en Cernego. 

Se queredes ver o vídeo da promoción de Aldaolado:

 

 

Os regreso dos Furafollas

Esta sendo un fin de semana intenso en Vilamartín e que comezou coa proposta de teatro encontro de Os Furafollas, que demostraron a noite do venres en Córgomo que xuntarse, falar, rir e soñar xuntos é do mellor que se pode facer nas veladas de verán.

Durante case dúas horas, os actores e actrices do colectivo barcelonés empregaron retazos da vida e obra de Florencio para iniciar historias que contaban polos recunchos da vila natal do poeta a quen se sentaba a escoitalos. Historias que acababan facendo persoais ata chegar ao universal, ao: «a mín pasoume algo parecido».

Neste teatro encontro participaron Blanca Cotado, Leticia Rey, Graciela Ortega, Daniel Regueiro, Ana Belén Real, David Magdalena e Mónica Claver. Nas labores de produción contaron coa axuda de Xosé Manuel Conde e Anxo Baranga.

As Noites de Florencio teatro (1)
As Noites de Florencio teatro (1)

Aldaolado, un espectáculo que encherá Vilamartín de poesía, música e humor