Millleiros de petiscos agardan nas adegas a que os participantres da Festa da Vendima de Punxeiro dean boa conta deles. Achegámonos a algunha destas adegas antes do comezo da ruta para que nos contasen como fán esta cantidade inmensa de pinchos .

Por exemplo na do Minas, Otilia a matriarca, é a que organiza o cotarro, están desde o día anterior cos preparativos deixando para última hora os que hai que comer quentiños. Non só a adega esta a rebentar de petiscos se non a casa rural tamén.
Ensaladilla, xamón, queixo, orella, morro, empanada, lomo, afillogas, tortilla de patata, empanada, salchichas , croquetas, rabas, calamares... Este ano tivo axuda especial dos de Luzón de Guadalaxara ou os de Asturias. Fora na aita Odilo e o sobriño asan as castañas para que cando empece a vir a xente estén ben quentiñas.
Da casa dos Minas fomos ate onde os Balboa, alí os homes estaban a frir nunha adega ao lado da casa as costillas e os morunos. Na vivenda fanábanse a rematar a «sopa de bodas», as salchichas con panceta ou os bolos preñados. O comedor cheo de petiscos de toda clase, doces e salgados.
En casa dos Balboa traballa toda a familia, son sete irmáns aos que se lle sumamos os achegados e os fillos —unha media de dous por cabeza— sáennos a lo menos 30 persoas que levaban traballando desde o venres. Este ano teñén unha axuda especial unha rapaza polaca que está de intercambio.
Pasamos tamén pola adega de Juan Manuel e Mercedes e pola de Edosio e outra máis que non collemos o nome o que si tomamos foi algún dos petiscos que alí había e asegúrolles que estaba boísimos.
O Pregón
Case cerca das oito e media Jorge Minas asomouse as escaleiras da igrexa que dan a praza onde agardaban milleiros de persoas que aplaudiron segundo asomou co micro na man. O primeiro que fixo foi desculparse pola tardanza debida a tardanza dos autobuses das persoas que traían a xente de Viana e logo por non atopara as chaves da igrexa onde estaban os agasallos para os distinguidos desta edición.

Aclarou que nesta décimo quinta edición non chegaron a concretar con varias persoas que falaron «pese a intentalo», así que o ano que ven será outro cantar. Tamén que van a pedir que a Festa da Vendima se declare de «Interese Turístico galego» e sobre todo pediu respecto. Primeiro polas persoas que traballan a arreo para que todo saía ben e logo polas mulleres.

Agradeceu a aportación de todos os colaboradores «Isto non se consigue só polo que pagades polas entradas, se non tamén co que aportan os negocios que patrocinan a festa, o Concello, a Deputación e moitísima xente que desde o primeiro momento está colaborando desde o primeiro momento para poder axudar a facer pinchos e a mover esto».

«Hai 17 casa abertas todo o ano. Somos un pobo, moi, moi pequeno entón respectai esta xente, desfrutade da festa, pasaio ben», subliñou.
Minas antes de rematar o descurso agradeceu aos membros da Mascarada Ibérica de Guadalajara, de Asturias e aos Xerais do Ulla e que «veñen a colaborar con nos axudándonos a facer pinchos e sobre todo que nos axudan a levar pra diante esta festa», para os que pediu un plauso. Agradeceulle a agrupación Cansibailas de Madrid o seu esforzo por estar en Punxeiro e persoalmente pediu que cantaran con eles.

Distincións e agasallo
Todos os anos desde a organización faise unha distinción en forma de agasallo, o deste 2023 foi unha xarra de barro pero non unha calquera, «teñen algo especial, son xarras que serviron viño nas catorce edicións anteriores da Festa da Vendima».

As xarras entregáronselle á mocidade de Porto —desde onde todos os anos ben un grupo moi numeroso—, recolleu Sole. Outro grupo que foi agasallado coa xarra foi oun grupo que participa na festa ano tras ano e ven de Fene, recolleu Olaia o premio.

A derradeira xarra recibiuna o instituto Carlos Casares de Viana por «toda a laboura social que fai en Viana e sobre polo intercambio que nos trouxo hoxe aquí, unha agrupación de Polonia que estas de intercambio e que hoxe están aquí», recolleu Ovidio a xarra a petición de Jorge de quen asegurou cheo de orgullo. «e unha persoa de Lugo que sen ser de aquí, toca no fulión do Macizo Central».

Tres charangas e unha orquestra
Cada unha das agrupacións musicais foi a unha adega que se abren de tres en tres comezando pola do Minas. Nas primeiras hai máis produtos e petiscos salgados e nas derradeiras por estares ao final máis doce. Logo actuación da orquestra tango.
