sábado 4/12/21

Dende o concello xunto a compra dun tractor con tipo de tracción 4x4 xunto a dúas máquinas desbrozadoras

O Concello de Viana do Bolo sacou a licitación a compra dun tractor 4x4 xunto a dúas máquinas desbrozadoras, unha de tipo de arrastre e outra de brazo. Todo esto co fin de conservar os camiños e vías rurais máis pola prevención de incendios forestais.

Por elo tamén adiántanse a época estival dotándose dunha maquinaria que conseideran necesaria e versátil. Ademáis buscarán unha maior eficacia no mantemento dos contornos das aldeas sendo conscientes na gran dispersión xeográfica que hai nos 52 núcleos de poboación cos que conta Viana.

O presuposto desta licitación está subvencionado ao 50% pola Deputación de Ourense e a Consellería de Medio Rural, pagando dende o concello únicamente o IVE.

Volta da feira

O vindeiro día 13 regresará o mercado a vila de Viana. Así o confirmou o rexedor que viña adiantando nos últimos días esta posibilidade recordando que era necesario a volta da feira.

Viana do Bolo saca a licitación a compra dun tractor