martes. 24.06.2025

Traballadores da mina de Penouta: «A nosa mina non contamina»

Os traballadores da mina de Penouta volveron percorrer as rúas de Viana para logo concentrarse na Praza Maior en sinal de protesta polo peche da mina
somoscomarca_2311125_vianadobolo_manifestacion_minapenouta (2)
Traballadores da mina de Penouta: «A nosa mina non contamina»

Este sábado, 25 de novembro, convocouse unha nova concentración en Viana do Bolo. Seguen así en marcha as mobilizacións contra a paralización da Sección C da Mina de Penouta en Viana do Bolo.

A cita fixouse ás 12.00 horas na Praza Maior de Viana. O obxectivo, loitar polo futuro desta comarca e os seus arredores. Desde o Concello emitiuse un bando no que apoian esta nova reivindicación.

Con consignas como: «Penouta non se pecha», «A mina non contamina» ou «A mina é vida», os traballadores de Strategic Minerals e veciños da vila, percorreron as rúas de Viana para rematar onde comezou a marcha, na Praza Maior. 

O pasado 9 de novembro Traballadores, sindicatos, representantes da compañía Strategic Minerals, asociacións sectoriais e autoridades manifestábanse fronte del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cabe lembrar que a paralización da actividade foi necesaria tras o decreto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que solicitaba esta medida tras unha denuncia do grupo Ecoloxistas en Acción, que considera esta actividade de grave impacto sobre o espazo protexido de Pena Trevinca.

A primeira destas manifestacións foi a finais de outubro onde se concentraron cerca de 1000 persoas entre os que se atopaba toda a corporación municipal así como o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e os rexedores de Vilariño de Conso, A Veiga, San Xoán de Río, Larouco, O Bolo ou A Mezquita, ademais dos diputados provinciais e autonómico do BNG.

somoscomarca_2311125_vianadobolo_manifestacion_minapenouta (1)
Os traballadores  polas rúas de Viana do Bolo

Traballadores da mina de Penouta: «A nosa mina non contamina»