sábado. 31.05.2025

Julio Couso: «Unha das principais diferencias é que non abrimos todas as adegas á vez»

Este 12 de outubro celebrarán a décima sexta edición da Ruta das Adegas en Punxeiro, Viana do Bolo

somoscomarca_231012_punxeiro_festadavendima2023 (51)

Leva tempo na comisión de festas, pero esta é a primeira vez que se está a encargar da organización da Ruta das Adegas de Punxeiro (Viana do Bolo). Esta é a situación de Julio Couso, aínda que «somos arredor de 12 persoas máis, é un traballo de todos». 

Este ano é a décima sexta edición e, como en anteriores ocasións, chega con moita ilusión. A nivel persoal, Julio asegura: «Tes un cargo moi gran de que todo salga ben». 

O día do evento, 12 de outubro, os autobuses sairán dende a Praza Maior de Viana ás 17:00. Ao chegar antes do inicio, aqueles interesados poderán adquirir alí a entrada por 20 euros

Ás 19:00 terá lugar o habitual pregón. «Non sabemos quen o vai dar porque estamos esperando por unha persoa que sería sorpresa». A confirmación oficial chegará 3 ou 4 días antes. 

Nesta nova edición «vendimos moitas entradas». Julio non sabe a cantidade exacta, pero cree que serán arredor de 700 ou 800. «Hai xente fiel que nos pediron por á venta máis». Para poder compracer a eses interesados decidiron sacar 100, ilimitadas. 

A música está asegurada da man das charangas Sorcha, Nova Trives e BBB. Ás 23:30 comezará "La Oca Band" e "La Banda de Ayer". «As orquestras estarán intercaladas até as seis da mañá».

«Unha das principais diferencias é que non abrimos todas as adegas á vez», explica Julio. O organizador recoñece que nas primeiras «pódense aglomerar xente, pero despois xa se van desperdigando». O obxectivo é que «o pasen mellor posible. As charangas irán polas 14 adegas». 

Si desexa escoitar a entrevista completa con Julio Couso pode facelo aquí:

Julio Couso: «Unha das principais diferencias é que non abrimos todas as adegas á vez»