domingo. 21.04.2024
p_somoscomarca_240123_vianadobolo_encarnacionrivas_montesinos
Aprobado de forma inicial o Plan Básico Municipal de Viana do Bolo

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal (PBM) de Viana do Bolo de cara a dotar o municipio dun instrumento eficaz de ordenación do territorio. 

Durante o acto de sinatura da resolución pola que se aproba inicialmente o PBM, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, lembrou que se trata dunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes para garantir un territorio ordenado así como a protección dos seus valores naturais e patrimoniais.

Nesa liña, logo de indicar que tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva, a directora xeral explicou que este PBM establece un total de 56 núcleos rurais, dos que 29 son tradicionais e 27 combinan partes tradicionais e comúns.

A maiores, o plan tamén identifica e cataloga os 217 elementos do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnolóxico, dos que 23 están declarados Ben de Interese Cultural (BIC). 
 

Aprobado, de forma inicial, o Plan Básico Municipal de Viana do Bolo