martes. 01.07.2025

Os veciños de San Xoán de Río e Larouco viaxaron a Lalín

Foi esta fin de semana e, ademais de visitar lugares como o Pazo de Anzuxao ou a Casa do Patrón tamén degustaron o saboroso cocido de Lalín

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (1)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (1)

Dentro da colaboración que veñen facendo dende hai meses os Concellos de Larouco e San Xoán de Río, esta fin de semana tocou viaxe de confraternización pola terra do Deza.

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (12)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (12)

Un autobús cheo de xente dos dous municipios, en total 50 persoas, desprazábase este pasado domingo a Lalín, no mes pasado xa o fixeran unha viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra.

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (2)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (2)

En primeiro lugar visitaron o Pazo de Anzuxao, onde puideron ver o proceso de elaboración e comercialización do queixo. Tamén pasearon polos xardíns do pazo, unha xoia arquitectónica do século XVIII que ten capela propia, pombal e até un hórreo.

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (11)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (11)

Xa en Lalín visita á Casa do Concello e a exposición sobre Castros celtas.Visita obrigada á Casa do Patrón, o museo etnográfico onde observaron vellos aparellos como gadañas, cornas, aixadas. Viron o proceso de fiado do liño, o xugo de xuncir os bois, alforxas...

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (9)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (9)

Logo comida, un bo cocido ao que nos se lle faltou ao respecto, coa súa sopa, grelos, patacas, chourizo, lacón...

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (7)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (7)

A Aldea restaurada de Doade, na Ribeira Sacra, un exemplo de dinamismo económico no rural.  

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (10)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (10)

 

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (5)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (5)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (4)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río

 

Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río (3)
Visita a Lalín da veciñanza de Larouco e Río

 

Os veciños de San Xoán de Río e Larouco viaxaron a Lalín