
Os veciños dos concellos de San Xoán de Río e Larouco, acompañados dos seus respectivos alcaldes, Xosé Miguel Pérez e Patricia Lamela, participaron nunha excursión a Ribadavia, organizada con motivo das festas do Nadal e o recoñecemento da vila como a “capital Ferrero Rocher”. A actividade, que contou cunha ampla participación, incluíu un completo programa para desfrutar da cultura, gastronomía e tradicións locais.

A xornada comezou pola mañá, coas saídas programadas dende Larouco ás 9:30 e dende San Xoán de Río ás 10:00. A primeira parada foi en Viña Costeira, onde os asistentes tiveron a oportunidade de realizar unha visita guiada e gozar dunha exquisita degustación de viño do Ribeiro, maridado con chocolates de Ferrero Rocher, unha combinación que sorprendeu gratamente aos participantes.

Tras a visita, o grupo reuniuse para o tradicional Xantar de Nadal nun restaurante da zona, onde o ambiente festivo e a camaradería foron os protagonistas. Pola tarde, os asistentes pasearon polas rúas de Ribadavia, decoradas con espectaculares luces navideñas grazas á campaña de Ferrero Rocher. Tamén aproveitaron para visitar a Feira de Nadal, onde descubriron produtos locais e pezas de artesanía que resaltaban a riqueza cultural da comarca.

A excursión rematou cun regreso programado ás 20:00, deixando un recordo inesquecible entre os asistentes. Tanto os concellos de San Xoán de Río como o de Larouco destacaron o éxito da iniciativa e agradeceron a participación da veciñanza, comprometéndose a continuar organizando actividades que promovan a unión e o desfrute de veciñanza.
