Rematan hoxe as festas patronais de Trives, O Cristo da Misericordia e A Dolorosa, que comezaban o pasado xoves.
A Banda de Celanova percorreu as rúas de Trives desde primeira hora da mañá. Logo as doce misa cantada polo Orfeón de Trives e procesión pola vila da Dolorosa.

A sesión vermú estivo amenizada pola la charanga TDB e xa pola tarde, na Praza do Pilón concerto de la Banda de Celanova. A orquestra Solara amenizará os festexos pola tarde e pola noite.

Onte Os Festicultores percorreron as rúas de Trives e botáronse os fogos artificiais que estaban programados para o «Día do Cristo» e que por mor das condicións meteorolóxicas houbo que trasladar para onte.
Ca Festa da Dolorosa A Pobra de Trives pon fin a unha semana de festexos onde ademais de celebrar á patroa fíxoselle a misma honra ao patrón, O Cristo da Misericordia