viernes. 29.03.2024
FotoXantarnaCasaAPobradeTrives2
Trives súmase ao programa de atención alimentaria a domicilio "Xantar na casa"

A Pobra de Trives súmase ao programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na casa. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa deste municipio, Patricia Domínguez, asinaron o convenio de incorporación a este servizo público, que inicialmente beneficiará a 15 veciñas e veciños da localidade, coa posibilidade de ampliar o número de persoas usuarias.

O obxectivo de Xantar na casa é garantir que calquera persoa maior que viva soa, ou que sexa dependente ou que dispoña de escasos recursos económicos, reciba unha alimentación equilibrada e adaptada ás súas necesidades.

A comida repártese nas vivendas nunha única entrega para todos os días da semana, incluídos sábados, domingos e festivos. Aos destinatarios tamén se lles facilitan os electrodomésticos que precisen no caso de que carezan deles, como neveira e microondas.

Así mesmo, o Goberno galego está a introducir diversas novidades neste programa, como a posibilidade de instalar sensores que recollen información de cantas veces se abre ou peche a neveira e o tempo de uso do microondas, ou un botón de reforzo comunicacional que ten unha función preventiva ante emerxencias. Outra mellora que se está a inserir é a utilización de recipientes reciclables e compostables para a distribución dos alimentos.

Os servizos sociais municipais son os encargados de seleccionar as persoas beneficiarias. Pola súa banda, a Xunta financia o 50% do custe da comida, pola que os usuarios soamente pagan 1,76 euros por cada menú; mentres que outro tanto é asumido por cada concello.

Trives súmase ao programa de atención alimentaria a domicilio "Xantar na casa"