
Os veciños das Terras de Trives e todos os que quixeron visitar na tarde noite de onte a vila, puideron despedir o ano entre festa e ledicia.

As fermosas rúas engalanadas de destelleantes luces enchéronse de paquetes de nadal e folerpas de neve que tomaron vida propia, con bailes e ritmos propios destas datas. Xigantes e zancudos bailaron por riba de todos e de todo abraiando a pequenos e non tan nenos.

A Charanga El Tattoo animou a tarde das prebadaladas con cancións de Nadal e o grupo Los Íñgos púxolle música á noite, onde os asistentes cantaron e volveron a mover o esquelete ao ritmo das cancións doutras décadas.

Inauguración da nova pista multideporte
A véspera ao fin de ano non se quedou só en desfiles e troula, tamén houbo tempo para o deporte.

«Que mellor xeito de acabar o ano que cun partido da canteira do CD Trives inaugurando a , recalcaban desde o Concello.

A nova pista multideporte está situada no CEIP Manuel Bermúdez Couso, e segundo aseguran dende o Concello «de libre acceso para todos en horario non lectivo». «As mellores promesas do fútbol sairán de aquí. Disfrutádea», desexa a alcaldesa, Patricia Domínguez.
