martes. 03.10.2023

Jorge Vázquez salienta que durante 7 meses non se convocaron plenos e cree que teñen secuestrada a institución

O pasado 9 de marzo, o edil da Pobra de Trives Miguel Sierra era nomeado como presidente da Mancomunidade do Navea-Bibei, corporación formada en total por outros 5 edís dos concellos de Trives e San Xoán de Río.

Dende aquelas tal e como denuncia Son de Trives, que tamén ten representación no ente comarcal, non se volveron a reunir a pesar de que quedaran en elo, salientando que dende a presidencia non se informa das xestións que se fan neste organismo, sobretodo na Residencia da terceira idade de Trives, cuxa xestión recae na mancomunidade.

Ademáis no pleno ordinario celebrado na Pobra de Trives deste luns, Jorge Vázquez, portavoz do partido, destaca que se lles bloqueou por parte da alcaldesa Patricia Vázquez no momento de falar do organismo.

O edil comprende que a situación do COVID-19 parase a institución durante os 2 primeiros meses do mandato do novo presidente, pero afirma que nos outros 5 meses tiveron tempo dabondo para recuperar a actividade, subliñando a gran opacidade que hai dende a asociación, buscando así mesmo que a situación mude canto antes.

Por outro lado confirmaron que dende fai uns días teñen constancia de que fai un mes un grupo de traballadoras da Residencia de Trives, presentaron un documento solicitando unha audiencia cos membros da mancomunidade para arranxar varias demandas laborais, que aínda non lles foi atendida.

Dende Son de Trives tratarán de conseguir o documento cas necesidades das empregadas do centro. Así mesmo denuncian que a día de hoxe non existe unha partida orzamentaria na Mancomunidade do Navea-Bibei, nin datos do cadro de persoal e das contas, subliñando que sen este último requisito non poden optar a subvencións. "Teñen secuestrada a institución, non nos queren decir nada ao respecto" salientou Vázquez.

«Danos a sensación de que o único interés que había era nomear a presidencia para facer e desfacer de forma unilateral sen ter en conta ao resto da mancomunidade» afirmou o concelleiro de Trives.

Se desexa escoitar todo o que comentou Jorge Vázquez, edil de Son de Trives, entre outras cousas o pleno ordinario do concello, pode facelo na seguinte ligazón:

Son de Trives pide transparencia na Mancomunidade do Navea-Bibei