viernes. 19.04.2024

Seguindo o obxectivo principal de fomento das artes escénicas e a música, a concellaría de Cultura do concello de Trives programou para o venres día 13 de xullo, ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez, a través da Rede de Auditorios Provincial de Ourense, a actuación de Serxio Pazos co seu monólogo Afiando con humor. Nel, o humorista tratará de recuperar coa súa actuación a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense e «o mellor contador de historias».

Dende a Concellaría explican que «este afiador monologuista intentará sacar chispas de humor falando do que pasa neste país, das personaxes populares e televisivas e da actuación máis divertida. E todo elo regado co humor galego, «pois os galegos temos un humor moi especial». Pazos convertirase así «nun afiador 2.0 que analiza a realidade para recuperar a figura do afiador», un dos oficios tradicionais da capital ourensana.

Esta actividade enmárcase dentro da programación de Verán, ca que pretende o concello fomentar as artes escénicas, a música, etc., achegando aos veciños a posibilidade de disfrutar dunha oferta cultural variada e de calidade, accesible para todos os públicos. As entradas estarán á venda no Auditorio unha hora antes de que dea comenzo a función. Teñen un prezo de 3€.

O humorista Sergio Pazos, prato forte do programa de verán en Trives