jueves. 18.04.2024
somoscomarca_trives_farruco_miguelangel_osalmendros_homenaje_festadabica_2022 (1)
«O segredo da bica de Trives é que sempre había unha avoa que a facía coa súas mans»

Se de algo poden presumir na Pobra de Trives, é da bica, a mellor embaixadora desta zona enclavada no oriente ourensán e que dende fai case medio século, exalta na súa Festa, a Festa da Bica, unha cita gastronómica que xa é todo un referente en Galicia e que acaba de conseguir a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

somoscomarca_trives_farruco_miguelangel_osalmendros_homenaje_festadabica_2022 (5)
Miguel Ángel e Farruco degustando a bica o día do pregón

Desta tradición falan Miguel Ángel e Farruco García, que xunto con Carlos conforman a nova xeración dun forno histórico coma Os Almendros e sucesores de Paco e Pura, que foron dos primeiros que comercializaron a bica en Trives polo mundo.

Paco e Pura de Panadería Os Almendros (3)
Paco e Pura de Panadería Os Almendros cando eran mozos

Nunha entrevista concedida a Somos Comarca, estes dous irmáns fan un repaso pola historia deste negocio familiar, que xunto con outras panaderías da época foron as auténticas precursoras do boom que viviu a bica, non só en Trives senón por outras localidades. «Había outros artesáns que tamén vendían, estaba confitería Luciano, As Farrapas, Panadería Caneda, que fixo o pregón, éramos coetáneos». O proceso para facer a bica era todo artesanal. Facíase «en forno de leña, que era como se facía o pan antigamente», explica Miguel Ángel.

somoscomarca_trives_farruco_miguelangel_osalmendros_homenaje_festadabica_2022 (6)
Os irmáns García coa alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez

A partir dos anos corenta e cincuenta, este doce empezou a facerse coñecido ata que empezou a comercializarse lonxe de Trives. No caso dos Almendros, «primeiro chegou a Ourense, Barcelona ata que pouco a pouco foi chegando a bica a distintos sitios de España».

somoscomarca_trives_concello_2022 (2)
A familia de Miguel Ángel, foto feita ao remate da conversa

Pola súa banda, Farruco fala dos comezos da bica, un producto moi vencellado ás casas, gracias a que os ingredientes eran «moi comúns». Era habitual que en cada fogar houbera manteca de vaca, ovos, fariña, manteiga. «Combinando todo iso saiu un doce doméstico que non sabemos a que época se remonta». Da fé diso Miguel Ángel, quen da a coñecer os segredos deste alimento, que mestura a fariña, manteiga, ovos, azucre e canela.

Paco e Pura de Panadería Os Almendros (2)
Paco e Pura de Panadería Os Almendros nunha celebración

Para Miguel Ángel, máis aló dos segredos que garda a bica, o principal mérito radica na tradición.

«Uns din que está en como se misturan, na coción do forno, outros din que está en como se prepara a manteiga de vaca; empregar ovos morenos, etc». Para este panadeiro, «o auténtico segredo, polo que está impregnada no ADN a bica de Trives, é por esa tradición de que sempre que había unha festa importante -Nadal, a Semana Santa, a festa do pobo- sempre había un avoa que coa súa man preparaba ese doce con toda ilusión e cariño». O resultado é un doce «espectacular» que era habitual acompañar con licor café.

Paco e Pura de Panadería Os Almendros (1)
Paco e Pura de Panadería Os Almendros

En Trives, todavía lembran «ese olor» tan vencellado a súa infancia. «Tiña un olor característico que forma parte da infancia de todos os triveses e trivesas», engade Farruco, quen lembra «cando se cocía a manteca nas casas». «Era un proceso moi laborioso, ese mimo que puñan, era o regalo máis grande que había. A bica era a que coronaba as comidas, era un ritual».

Bicas da Panadería Caneda

Como en outros oficios, os que traballan este produto, coinciden en que o traballo na panadería é moi escravo. «Non é só a bica, un panadeiro empeza as nove da mañán, e logo tiñas que levantarte ás catro, e pola tarde empezabas coa bica».

Naquela época, Farruco e Miguel Ángel levaban a bica nun carretillo. «A xente achegábase, polo olor, daquela era habitual que os nenos axudáramos repartindo as bicas».

En canto a loxística, ambos resaltan as dificultades que entrañaba levar a bica a outras localidades. «Daquela non había a loxística de hoxe. facer o traxecto Trives -Barcelona levaba máis dun día, había unha liña de autobuses que ía a Barcelona nos anos 70, o bus ía cheo de caixas de bicas». A emigración de galegos a Barcelona fixo que fóra un destino habitual.

somoscomarca_trives_desfile bandadegaitas_festadabica_2022 (5)
Miguel Ángel e Farruco durante a conversa nas escaleiras do Colexio Santa Leonor

Con todo, Farruco reivindica a necesidade de que o produto se coñeza aínda máis. «A bica é a mellor embaixadora de Trives, e ten que coñecerse todavía máis». Dinno os que mellor coñecen este produto que conxuga «historia e tradición».

Se queres ver o vídeo da conversa con Miguel Ángel e Farruco, atoparala na seguinte ligazón:

«O segredo da bica de Trives é que sempre había unha avoa que a facía coa súas mans»