San Xoán de Río avanza en Madrid no proxecto de Capital Rural Europea

San Xoan de Río avanza en Madrid no proxecto de Capital Rural Europea
San Xoán de Río está a meses de ser a primeira Capital Rural Europea. O traballo conxunto dos veciños deste Concello, CEUS  e EastWest suporá un avance na axenda Europea nos seguintes meses.

O alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez Blecua, desenvolveu unha campaña en Madrid, para este proxecto de proxección rural, impulsado desde este Concello da Montaña Ourensá.

O pasado luns e martes o Alcalde participou nunha serie de actos, na capital de España, para dar impulso á axenda Europea de San Xoan de Río.

O luns, convidado polo Think Thank Europeo CEUS, participou nun acto na Casa de Galicia de Madrid sobre as relacions transfronterizas e internacionais, organizado por Raia Diplomática. Neste acto con delegacions de embaixadas de 21 países de todos os continentes, o Alcalde avanzou no respaldo ao proxecto de Capitalidade Rural de vários territórios de Portugal, Extremadura, Italia ou Francia. A maiores de relacions con Haití, Corea do Sur, Indonesia, República Dominicana, Costa Rica e varios máis, que mostraron interés no proxecto.

Xa martes, o Alcalde xunto co Presidente de Ceus Luís Rubal e membros da consultora EastWest Capital Consulting, mantivo unha reunion de traballo na Delegación da Comisión em España, para encauzar o Proxecto Capital Rural Europea dentro dos marcos normativos da Unión.

“Hoxe avanzamos no recoñecemento da Europa Rural, da Europea colaborativa. Temos un proxecto de visualización do Rural e de posta en valor da identidade Europea, forxada na colaboración do pobos pequenos que impulsaron a Europa das cidades” dixo o Alcalde.

San Xoán de Río está a meses de ser a primeira Capital Rural Europea. O traballo conxunto dos veciños deste Concello, CEUS  e EastWest suporá un avance na axenda Europea nos seguintes meses.