miércoles. 28.05.2025

San Xoán de Río recibe en Sober o diploma como finalista nos Premios Europeos da Inclusión e a Diversidade

O recoñecemento tivo lugar durante o Encontro de Sober - Diálogo Rural e Industria e supón un aval á aposta do municipio por modelos participativos centrados no benestar veciñal
 
somoscomarca_20250508_sober_premio_sanxoanderio230
San Xoán de Río recibe en Sober o diploma como finalista nos Premios Europeos da Inclusión e a Diversidade

San Xoán de Río foi homenaxeado este venres cun diploma que o acredita como finalista nos Premios Europeos da Inclusión e a Diversidade, un galardón que recoñece o compromiso do municipio coa participación cidadá e a igualdade. A entrega tivo lugar en Sober, no marco do Encontro Diálogo Rural e Industria, nun acto cargado de simbolismo e emoción no que o diploma foi entregado polo presidente da Fundación Venancio Salcines.

somoscomarca_20250508_sober_premio_sanxoanderio229
somoscomarca_20250508_sober_premio_sanxoanderio229

O alcalde de San Xoán de Río, presente no evento, recolleu o diploma con satisfacción e puxo en valor a singularidade da candidatura, presentada conxuntamente con Parada de Sil. Ambas as dúas localidades da Ribeira Sacra competiron con urbes da talla de París, Cracovia ou Zaragoza, o que, segundo destacou o rexedor, engade aínda máis mérito ao logro acadado polos pequenos concellos rurais.

Durante a súa intervención, o alcalde lembrou que os proxectos desenvolvidos en San Xoán de Río teñen como eixo central o benestar da veciñanza, especialmente das mulleres, mediante novos modelos de gobernanza participativa «onde todas as voces son escoitadas». Unha aposta que, asegurou, non sería posible sen o apoio dos fondos da Xunta de Galicia.

Tamén fixo referencia ao apagón que lle impediu viaxar a Bruxelas para asistir á cerimonia oficial de entrega do premio, onde estaba previsto que acudise xunto a Eva Castro, responsable da candidatura. Por iso, expresou a súa especial ilusión por recibir este recoñecemento «na casa», de mans de Venancio Salcines.

O acto serviu, ademais, para conmemorar o Día de Europa. O alcalde agradeceu á organización do encontro a elección desta data e definiu o diploma como un auténtico selo de «Galicia Calidade». Pechou o seu discurso cunha metáfora vitivinícola que emocionou aos asistentes: «Este premio está feito de cada gota de suor dos veciños e veciñas de San Xoán de Río».

San Xoán de Río recibe en Sober o diploma como finalista nos Premios Europeos da...