domingo 29/5/22

San Xoán de Río participa en dous proxectos europeos en Extremadura

O luns celebrouse un encontró presencial en Sierra de Fuentes coa Rede Internacional de Pobos de Aprendizaxe, mentres que de martes a xoves levouse a cabo un Congreso Internacional de Envellecemento activo
San Xoán de Río en Extremadura 02_05_2022
San Xoán de Río participa en dous proxectos europeos en Extremadura

O Concello de San Xóan de Río ven de participar en dous proxectos europeos en Extremadura. O luns celebrouse un encontró presencial en Sierra de Fuentes coa Rede Internacional de Pobos de Aprendizaxe, mentres que de martes a xoves levouse a cabo un Congreso Internacional de Envellecemento activo, calidade de vida e benestar en áreas rurais.

No primer acto, San Xoán de Río fixo unha presentación ao igual que os pequenos concellos gregos, italianos, portugueses, alemáns, serbios e españois —entre outros—. Tras tras varias reunións online, puideron coñecerse presencialmente e descubrir os proxectos europeos do pobo onde se fixo a reunión.

San Xoán de Río en Extremadura 02_05_2022

O martes, mércores e xoves as universidades e pequenos concellos mostraron os seus proxectos, mentres que San Xoán de Río presentou o sistema de sensorización non intrusiva, debido a que «a día de hoxe, España non executa o 40% dos fondos directos da Unión Europea a concellos e administracións por descoñecemento. Co coñecemento adquirido, San Xoán de Río poderá optar a estos fondos e tecer unha rede de proxectos comúns con outros concellos europeos en base ás mesmas problemáticas», explicaba o alcalde do concello, Xosé Miguel Pérez.

Además, afirmaba que «descubrimos os proxectos europeos levados a cabo físicamente por varios concellos extremeños e traballos das universidades europeas no rural, que a partir de agora, San Xoán de Río ten será unha das bases das súas actuacións».

San Xoán de Río participa en dous proxectos europeos en Extremadura