
O municipio de San Xoán de Río participa no proxecto europeo Connecting Rural Europe: Networking and development in small towns - Rural EU, unha iniciativa que busca comprender mellor a vida da mocidade en zonas rurais de Italia, Croacia, España e Romanía.
No marco deste proxecto, lanzouse unha enquisa dirixida a persoas de entre 16 e 30 anos que residan en áreas rurais. O seu obxectivo é recompilar información sobre as súas condicións de vida, emprego e percepcións sobre o futuro. Os datos obtidos servirán como base para a creación de grupos de traballo en cada país, onde se debaterán propostas e se analizará o papel da mocidade no desenvolvemento do medio rural europeo.
Os organizadores destacan que a enquisa non leva máis de 10 minutos e animan a participar a todas aquelas persoas que cumpran o perfil. Unha das súas particularidades é a definición de rural que propón: “Un lugar onde a xente que non se coñece se saúda pola rúa”.
Este estudo forma parte da convocatoria CERV-2024-CITIZENS-TOWN-NT e está financiado pola Unión Europea. Podes acceder á enquisa aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeLTQYFw7nABE8eI6MDF7E82PK8Rcrx-_QoAg5B_XoDh7h58g/viewform