sábado. 20.04.2024
somoscomarca_trives_politica_pp_mitin_presentacioncandidatura_20232023823 (3)
Roberto González: «Traballamos para que Trives recupere o seu explendor»

No mitIn do Partido Popular celebrado no auditorio Xulio Vázquez da Pobra de Trives presentouse o programa da candidatura que encabeza Roberto González. Estivo acompañado por Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. Os alcaldes de San Xoan de Río, Xosé Miguel Pérez; o de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; o da Rúa. Álvaro Fernández e as alcaldesas de Larouco, Patricia Lamelas e  a de Vilariño de Conso Melisa Macía tamén se achegaron a Trives para apoiar a candidatura de González.

somoscomarca_trives_politica_pp_mitin_presentacioncandidatura_20232023823 (2)

O candidatto dos populares desgranou algúns puntos do programa no que descou o anteproxecto 'Turismo multiaventura Val do Navea' «que dinamizará a comarca e dará alternativas empresariais».

«A nosa candidatura está determinada polo compromiso, a confianza, o liderado, a proximidade e a humildade, valores que aprendín de todos e cada un dos habitantes da nosa vila», sinalou  González.

«Abandeiramos un programa electoral que promove e da resposta á economía e emprego; ao turismo, á cultura e deportes; as obras e medioambiente, ou a sanidade. Piares fundamentais nos que traballamos sen deixar ningunha parcela libre co obxectivo de que A Pobra de Trives recupere o seu esplendor». 

«Queremos levar a cabo todas as obras e mantementos necesarios das vilas que non se fixeron durante a actual lexislatura, para mellorar a vida dos veciños e as veciñas, xa que actualmente atópanse en estado de abandono total».

«Non podemos esquecer o sector agrogandeiro do concello, con grandes produtores que precisan e solicitan servizos e infraestruturas de calidade. Ademais dun servizo estratéxico como é o do matadoiro municipal, no que este equipo de goberno pretende levar a cabo accións que potencien a actividade».

Entre outras medidas, o candidato popular destacou a recuperación do patrimonio, un programa de actividades para os maiores do concello, resolver os problemas de abastecemento do concello ou a remodelación do polideportivo municipal. «Apostamos pola reforma integral da residencia da terceira idade, na que non só nos quedaremos ca mellora das instalacións interiores senón que transformaremos tamén as zonas exteriores. Creando espazos para os residentes nos que poidan mellorar a súa calidade de vida gozando dun entorno biosaudable, seguro e que lles proporcione o benestar merecido».

«Somos conscientes do peso e responsabilidade que entraña ser candidatos a gobernar a nosa vila, reto que asumimos con enorme ilusión e co obxetivo de recuperar e impulsar todas aquelas iniciativas e demandas veciñais que gobernos anteriores non desenvolveron nin atenderon», rematou.

somoscomarca_trives_politica_pp_mitin_presentacioncandidatura_20232023823 (1)
Manuel Baltar, Roberto González e Román Rodríguez

Manuel Baltar: «Roberto traerá o cambio que merece Trives"

O presidente da Deputación subliñou que: «Trives precisa un cambio, e que goberne quen gañe as eleccións. O Partido Popular vai a gañar con Roberto González, que estivo estes anos facendo unha leal oposición e perfilando proxectos chave para Trives. Agora poderá poñelos en marcha a partir do 28 de maio co apoio maioritario dos veciños». 

Significou que: «Roberto e a súa candidatura conforman un equipo novo, preparado, con experiencia de éxito no ámbito privado e ben coñecedor da política municipal». «Este equipo leva a Trives por bandeira. O 28 de maio pediremos aos veciños de Trives que ese cambio que merece o concello sexa unha realidade».

Deulle ánimos e forza á candidatura de González «Toda a forza para este partido e para Roberto González. O Partido Popular realizou o seu traballo: estamos preparados para mudar un municipio que merece reposicionarse como un dos concellos referentes da provincia». E, tamén lle ofreceu o apoio do órgano que preside, «Deputación de Ourense sempre está ao carón dos municipios. O goberno provincial conta con músculo financeiro e vontade política para cooperar e avanzar na dinamización territorial, pero precisa de rexedores coa capacidade de deseñar proxectos realistas e transformadores. Xusto o que garante Roberto González ao fronte da Alcaldía de Trives».

Asegurou que: «O Plan de Mandato 2127, aposta por seguir potenciando a estación de montaña de Manzaneda, o gran motor económico desta comarca, ademais de medidas estratéxicas no eido dos servizos sociais ou o turismo».

Roberto González: «Traballamos para que Trives recupere o seu explendor»