domingo. 08.06.2025

Quiroga rexistra un leve descenso de contaxios

Cos datos dos últimos 14 días os novos contaxios descenderon en 2 do máximo acadado este domingo, sendo actualmente 119

A situación na vila de Quiroga continúa a ser complicada, pero nas últimas xornadas o número de novos contaxios entrou nunha fase de meseta con subidas moi pequenas e agora este luns parece que entra en baixada, xa que son 2 os casos nos que baixa a vila quedándose en 119.

Esto chega xusto no día no que comezaráse un cribado a 500 quirogueses debido principalmente ao gran aumento de contaxios na última quincena do mes de xaneiro, pasando de 5 a 121 infeccións activas. Ademáis nas últimas semanas fixéronse preto de 400 PCR no Hospital de Monforte, con algo máis dun 25% de positividade das mesmas cando o máximo recomendable e un 10% a partir de ahí considérase que o virus está descontrolado.

As probas faránse ata o venres a partir das 3 da tarde no Centro de Saúde da vila, e os asistentes serán avisados a través dun SMS.

Cribado tamén en Valdeorras

Este luns, Alfredo García, alcalde barquense, subliñou que estas probas servirán para detectar posibles asintomáticos a través de test serolóxicos, ao que estarán convocados 2.500 veciños que teñan a súa tarxeta sanitaria na cabeceira comarcal. Tamén faránse probas a 1.500 veciños de A Rúa e Vilamartín o vindeiro mércores no Pavillón de O Aguillón.

Situación en Manzaneda

En Manzaneda as infeccións activas por COVID parecen estabilizarse, malia isto e os 5 casos que notifica a Consellería de Sanidade, dende o consistorio confirman a aparición de 2 novos pacientes nunha aldea pertencente ao concello que contrarrestaron as altas da fin de semana. Estes enfermos encóntranse pasando a corentena no seu fogar.

Quiroga rexistra un leve descenso de contaxios