martes. 16.04.2024

 

Consideran xestión da estación de montaña de Manzaneda por parte da Deputación de Ourense como "caciquil"

 

 

O PSdeG-PSOE impulsou unha iniciativa para que a Deputación de Ourense deixe de xestionar a estación de montaña de Manzaneda.

Segundo o grupo socialista, nos últimos anos, o PP está a “manexar como un xoguete da familia Baltar”. Por elo unha moción instará aos gobernos provincial e autonómico –accionistas maioritarios de Meisa– ao “cese da actual xestión escurantista”, para que comecen a aplicar un modelo público, transparente e coa esixencia de que, quen estea á fronte, conte con experiencia e solvencia acreditada.

Tamén reclaman á Xunta nomear como membros do consello de administración de Meisa ao alcalde de Manzaneda e á alcaldesa da Pobra de Trives, para garantir a representatividade dos territorios nos que se asenta a estación de montaña de Manzaneda e a transparencia na súa xestión. Igualmente solicitan á Deputación a que proceda a concluír as obras de remodelación na estrada de acceso a estación.

O deputado, Aurentino Alonso, asegurou que o proceso de adxudicación da xestión “está nunha situación tráxica” e a estación “case en encefalograma plano”, afirmando que deben darlle unha volta ao modelo de xestión debido ás actividades que só se centran no esquí e que non pensan en que o futuro da estación precisa ser repensado mediante outras vías de negocio.

O secretario provincial e voceiro, Rafa Villarino, resaltou que o seu potencial leva anos estragándose a pesar de “investimentos multimillonarios”, Villarino tamén resaltou as o conflicto entre a Xunta e a Deputación polo control da estación que anularon acordos tomados unilateralmente pola institución provincial.

Pola súa banda, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, incidiu nas decenas de traballadores, persoas da zona, que están en ERTE a pesar de que Manzaneda “está completamente abandonada” e “a día de hoxe sigue todo pechado”, pedindo unha inversión económica maior nun dos motores económicos da zona en verbas do rexedor.

O PSdeG-PSOE presenta unha moción na Deputación pola xestión de MEISA