viernes. 29.03.2024
portada_somoscomarca_manzaneda_Emiliogonzalezafonso_amablefernandez_concello_2023-03-20
O Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión a 1500 vivendas e empresas de Manzaneda

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, reafirmou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez pola transición verde e a dixitalización dos concellos do rural, con investimentos que, en Manzaneda, chegan case aos 400.000 euros a través de tres ministerios.

Emilio González desprazouse esta mañá ao Concello de Manzaneda. Alí mantivo un encontro co alcalde, Amable Fernández Basalo, e coa corporación municipal, para supervisar os investimentos estatais neste municipio e coñecer as súas demandas e opinións.

Emilio González puxo Manzaneda como exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas da transformación de España cara un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demográfico” O Concello de Manzaneda está en proceso de mellora da enerxía fotovoltaica dos edificios municipais grazas aos 64.000 euros de investimentos que recibiron a través do programa DUS 5000 do Ministerio de Transición Ecolóxica para proxectos singulares en municipios do reto demográfico.

Eficiencia do alumeado público

Na mesma liña de transición verde, o subdelegado incluíu a axuda concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación da Enerxía IDAE. Esta axuda ascendeu a 324.384 euros e con ela o goberno local afronta a mellora enerxética do alumeado municipal deste Concello.

A actuación, que se atopa neste momento na súa segunda fase, consistiu na substitución de luminarias de tipo tradicional por luminarias tipo LED de maior rendemento e eficiencia, xunto coa susbtitución de  cadros de mando.

Cobertura de internet de alta velocidade

Emilio González tamén avanzou o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno, a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que tamén chegará a Manzaneda. Esta acción forma parte do Programa UNICO-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

Detallou que o Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 1500 vivendas e empresas de Manzaneda, o que na práctica, supón a completa dixitalización do territorio municipal dotándoo de acceso con velocidades de 300Mbs.

 

Así mesmo, o Subdelegado deu traslado á corporación tanto do plan rural de Correos que permitirá acercar os trámites das oficinas de Correos aos domicilios, como da creación no rural de Oficinas de Xustiza coa que se lle dará visibilidade aos xulgados de paz e poderán realizar funcións sen que os habitantes do rural se teñan que desplazar impulsando así a dixitalización e habitabilidade dos servizos do rural.

O Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión a 1500 vivendas e empresas de Manzaneda