
Este mércores 25 de setembro, ás 11:30h no centro cultural Marcos Valcárcel, terá lugar a xornada de presentación da oficina de transición enerxética ABEIRO.
A iniciativa, con sede en San Xoán de Río, nace co principal obxectivo de dinamizar á poboación a través do asesoramento gratuíto das axudas e subvencións para a rehabilitación enerxética a través dunha rede de empresas especializadas que axudarán a por en valor o parque de vivendas dos concellos sede do proxecto.
Todos os municipios adheridos convértense nos primeiros territorios que contarán cunha oficina destas características e que representa a primeira oficina a nivel nacional centrada neste fin.
Dous son os motivos fundamentais que levaron aos concellos participantes no proxecto Ourense Rural é vida a desenvolver esta iniciativa, por unha banda a necesidade de promover as enerxías renovables e a construción sostible na recuperación do patrimonio rural pola emerxencia climática na que estamos inmersos a nivel global.
Así como a aposta firme pola atracción de novos poboadores ao rural para frear a despoboación cuxo principal freo é a falta de vivenda en condicións óptimas de habitabilidade a nivel local. A xornada estará aberta a corporacións locais, persoal dos municipios, empresas e técnicos especializados no sector así como a todas aquelas persoas con interese na rehabilitación enerxética que desexen formar parte desta iniciativa.