sábado. 07.06.2025

"O Principiño" en varios idiomas para conmemorar o Día das Letras Galegas

portada

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, está cada vez máis preto, e por iso, a Federación de Mulleres Anal organiza unha serie de actividades en colaboración cos centros educativos da zona e a Fundación Carlos Casares.

A primeira destas actividades consistiu na lectura do libro de Carlos Casares, Vento Ferido, debatido no Clube de Lectura.

Agora é a quenda de O Principiño, que Carlos Casares traduciu ao galego. Por ese motivo, o vindeiro día 28 de marzo ás 16:30 levarase a cabo unha lectura deste exemplar en varios idiomas en Manzaneda. Actividade que tamén se realizará en A Pobra de Trives e Castro Caldelas. O día 29 de marzo ás 12:00 horas no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, en Trives, e o día 30 de marzo, tamén ás 12 da mañá, no CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas. Nestes actos primará a interxeracionalidade, pois participarán as mulleres das diferentes asociacións que compoñen a Federación e o alumnado dos centros educativos.

A organización lerá o libro en galego, catalán, castelán, inglés, francés, alemán, rumano, portugués, chinés. búlgaro e flamenco.

Ademais vaise celebrar o a primeira edición do I Certame de Relatos Curtos en Galego, no que se valorará a mención a Carlos Casares e á súa obra. Existen tres categorías en función da idade dos participantes. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 28 de abril para presentar o seu relato nas sedes da Federación Anaral, ou ben nas Asociacións que a compoñen, así como tamén poden facelo nos centros educativos que colaboran neste proxecto.

Estase a realizar tamén un photocall con murais arredor da figura de Carlos Casares e a súa obra, elaborados polo alumnado dos centros educativos e as mulleres da Federación. Unha vez rematados colocaranse nos colexios e nas asociacións a modo de memorándum do Día das Letras Galegas 2017.

Anaral organiza estas actividades en colaboración con José Vicente, como persoa cercana á familia de Carlos Casares, xunto cos centros educativos da zona.

"O Principiño" en varios idiomas para conmemorar o Día das Letras Galegas