A Ponte da Cea deberá esperar polo menos 1 ano para ser arranxada

 

 

O alcalde Amable Fernández salientou o seu descontento por esta medida dunha infraestructura chave nas conexións da vila

 

 

 

Durante o pasado inverno un dos temporais que afectaron ao Concello de Manzaneda levouse por diante a "Ponte da Cea" que une o municipio con Vilariño de Conso, Viana e A Gudiña.

Fai uns días confirmouse por partedun escrito remitido a alcadía por parte da Deputación de Ourense, que as obras non comenzarán polo menos ata o vindeiro mes de outubro do ano 2021, o alcalde da localidade Amable Fernández destacou que o arranxo está na man do ente provincial «parécenos que é un agravio comparativo tremendo» subliñou.

O rexedor salientou ademáis o malestar entre a veciñanza debido a tardanza en arrancar un vial que consideran esencial, xa que e a arteria principal de comunicación para os residentes na localidade.

Por outro lado Fernández destacou o troco por parte da Deputación a hora de facer obras de ensanchamento na OU-536 que vai ata A Pobra de Trives, que estaban previstas primeiro nos Planes Provinciais do 2018, despois do 2019 e tal como confirma o alcalde non se farán neste 2020.

Axudas para os recén nacidos

No pleno ordinario do Concello de Manzaneda celebrado o pasado venres aprobouse unha ordenanza para subir as axudas por cada neno nado no municipio, cun máximo de 4 anualidades, e con carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro do 2018. A cuantía por cada neno e ano será de 800 euros, segundo o rexedor esta medida terá como fin botar unha man as familias e así tamén que eses cartos poidan ser reinvertidos nos comercios da vila.

Servicio bancario

Dende o consistorio confirman que continúan en negociacións para darlle a veciñanza un servizo bancario de calidade e durante 5 días a semana.

Se desexa escoitar todo o que salientou o alcalde de Manzaneda, pode facelo na seguinte ligazón: