jueves. 18.04.2024
somoscomarca_trives_concello_2022 (1)

Seguimos con programacións para o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión coa programación da Pobra de Trives, onde haberá tres días continuados de actos de conmemoración para aquelas que están e para as que estiveron. 

O día 8 de marzo, ás 12 do mediodía, terá lugar un acto institucional coa inauguración de bancos violetas, unha rede de bolboretas e mensaxes feministas na Praza da Igualdade. 

No 9 de marzo poderase asistir a un monólogo de Hermen e Hildo para todos os públicos a partir de 3 anos. Isto será ás 19:00 h. Para rematar os actos, o día 10, poderase acudir a proxección e posterior coloquio, do documental "Amanezca" de Lucía Álvarez. Será no Auditorio a partir das 19:00 horas. 

A Pobra de Trives tínguese de morado durante tres días