A Pobra de Trives tínguese de morado durante tres días
07 de marzo de 2024 (18:10 h.)
A programación para o Día Internacional da Muller xa é un feito, durante tres días poderase desfrutar de diferentes actividades
Seguimos con programacións para o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión coa programación da Pobra de Trives, onde haberá tres días continuados de actos de conmemoración para aquelas que están e para as que estiveron.
O día 8 de marzo, ás 12 do mediodía, terá lugar un acto institucional coa inauguración de bancos violetas, unha rede de bolboretas e mensaxes feministas na Praza da Igualdade.
No 9 de marzo poderase asistir a un monólogo de Hermen e Hildo para todos os públicos a partir de 3 anos. Isto será ás 19:00 h. Para rematar os actos, o día 10, poderase acudir a proxección e posterior coloquio, do documental "Amanezca" de Lucía Álvarez. Será no Auditorio a partir das 19:00 horas.