jueves. 05.06.2025

Presentada unha nova edición do Certame Celtibérico de Gaitas

Presentación do X Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. No Centro Cultural “Marcos Valcarcel” asisten Rosendo Fernández (VicePresidente Deputación), Gustavo Samartín (Director Oca-Manzaneda), Patricia Domínguez (Alcaldesa da Pobra de Trives), Amable Fernández (Alcalde de Manzaneda) Patricia Torres Madureira (Deputada Cultura) e Xose Lois Foxo (Director da Escala de Gaitas da Deputación).
Presentación do X Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. No Centro Cultural “Marcos Valcarcel” asisten Rosendo Fernández (VicePresidente Deputación), Gustavo Samartín (Director Oca-Manzaneda), Patricia Domínguez (Alcaldesa da Pobra de Trives), Amable Fernández (Alcalde de Manzaneda) Patricia Torres Madureira (Deputada Cultura) e Xose Lois Foxo (Director da Escala de Gaitas da Deputación).

A décima edición do Certame volveráse a celebrar en Manzaneda e A Pobra de Trives

O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas chega a súa décima edición cun completo programa cultural a celebrar os días 27 e 28 de xullo, nos municipios de Manzaneda e da Pobra de Trives.

A presentación deste evento cultural tivo lugar no centro cultural “Marcos Valcárcel”, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; os alcaldes de Manzaneda e Pobra de Trives, Amable Fernández e Patricia Domínguez; e o director de Oca Manzaneda, Gustavo Samartín.

O vicepresidente do goberno provincial salientou a traxectoria deste evento cultural que contribúe “a transmitir os valores culturais da nosa terra a través dun dos nosos instrumentos máis senlleiros como é a cornamusa”.

Así mesmo lembrou que se trata tamén dun “lugar de encontro para gaiteiros de diferentes lugares de España”.

Actuación no IX Certame Celtibérico de Gaitas celebrado o pasado ano

Xosé Lois Foxo explicou que este certame é “unha aposta pola recuperación do noso e a posta en valor da nosa mocidade”, e dixo que nesta décima edición reunirá “a máis de 500 gaiteiros de Galicia, León e Cataluña”.

Xose Lois Foxo en una edición pasada del Certáme Celtibérico de Gaitas

Pola súa parte, o director de Oca Manzaneda agradeceu “o afán colaborativo” das institucións e sinalou que a misión da Estación é a de ser “nexo de unión destes dous concellos (Manzaneda e A Pobra de Trives), e un claro exemplo disto é este certame”. Neste mesmo sentido, Patricia Domínguez manifestou o “máximo compromiso con este evento, referente para o noso municipio”, mentres que Amable Fernández asegurou sentirse “encantando de continuar con este certame que se celebra nun lugar inmellorable”.

Programa

O programa desta décima edición comezará na Pobra de Trives o sábado, 27 de xullo, ás 12.30 horas, coa mostra de Bandas de Gaitas, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, “Os trinta de Trives” e a Real Xuvenil. Ás 18.00 horas, a Igrexa de Manzaneda, acollerá o II Serán da Seitura, en memoria de Ludivina Pérez Ricoi, no que se presentará o “Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives”.

Ás 20.00 horas, na praza do Concello da Pobra de Trives, terá lugar un concerto a cargo da agrupación “Os trinta de Trives” e, o peche da xornada realizarase na Estación de Montaña, a partir das 22.30 horas, coa Noite Celta, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, o plantel de xuíces do Certame, a Real Xuvenil, e as Cantareiras da Real Banda.

Ao día seguinte, o domingo, 28 de xullo, a programación dará comezo, no municipio da Pobra de Trives, ás 10.00 horas coa Alborada a cargo da agrupación “Os trinta de Trives”. Posteriormente, o Campo de Competicións da Cabeza Grande de Manzaneda acollerá ás 10.50 horas a competición das Bandas de Gaitas das categorías dos graos 4º e 3º e, ás 12.00 horas, terá lugar a exhibición do Folión “Os labregos de Trives”.

Ás 12.15 horas celebrarase o concurso de Bastóns de Mando e o Concurso de Gaiteiros Solistas. Posteriormente, a partir das 13.00 horas continuará a competición das Bandas de Gaitas dos graos 2º e 1º, e ás 13.30 horas terá lugar a ofrenda floral ante o monumento a D. Gabino García, en memoria de quen se celebra esta décima edición do Certame, acompañada pola Banda Toxos e Xestas de Barcelona. A continuación, será a entrega de premios, medallas e distincións que rematará cunha actuación conxunta de tódalas bandas participantes.

Presentada unha nova edición do Certame Celtibérico de Gaitas