
Onte ás 19:30 h reuníase o xurado do I Concurso de Microrrelatos “Un Magosto Literario” da Pobra de Trives para deliberar sobre cal sería o gañador entre os nove participantes.
O Xurado estivo composto por:
- Carmen, profesora de Língua Galega do IES Xermán Ancochea
- Serxio, coordinador de equipo da Dinamización de Língua Galega no CEIP Manuel Bermúdez Couso
- Isabel, Concelleira de Cultura no Concello da Pobra de Trives
Tras ler os pequenos relatos e exponer pareceres chegou o momento da elección da breve historia mellor escrita segundo eles. Este relato curto debía conter as palabras bica, castaña e Trives e non sobreparasar as 300 palabras sen contar o título e as palabras clave. O Microrrelato gañador deste I Concurso de microrrelatos " Un Magosto Literario" foi "Memorias" de Raquel Pérez Diéguez. Un conto que, como nos contaba algún membro do xurado, “sabe a Trives” O premio será entregado na tarde do sábado día 11, no Magosto do concello, que terá lugar no Patio Santa Leonor ás 18:30h.
Dende o Concello da Pobra de Trives queremos darlle a noraboa a todos os participantes polos seus traballos.