domingo. 04.06.2023
Avioneta (botijo) en incendio de Vilariño de Conso

 

O último dos incendios comezou ás 10:18 na parroquia de San Martiño

 

 

O Concello de Manzaneda sufre nestes momentos 3 incendios forestais que afectan a máis de 120 hectáreas.

As 2:40 da madrugada comenzaba o primeiro deles na parroquia de Paradela, que calcinou ata o momento máis de 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan 4 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 2 avións.

O lume máis grande nestes intres é o que afecta a parroquia de Cernado, este comenzou as 5,32 h, e queimou provisionalmente unhas 100 hectáreas de superficie. No seu control traballan arestora medios terrestres.

Por último as 10:18 empezou un novo incendio na parroquia de San Martiño, se ben dende Medio Rural aínda non poden dar unha estimación da superficie arrasada.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Tres incendios forestais encóntranse activos no Concello de Manzaneda