
20 de octubre de 2021, 13:35
Unha muller foi trasladada ao Hospital Público de Valdeorras tras sufrir un accidente na estrada que une Pobra de Trives coa Encomenda, preto da Casa da Cultura de Trives.
A muller tivo unha indisposición e perdeu o control do vehículo, aínda que a primeira vista non se observaba lesións significativas, foi trasladada ao hospital do Barco para someterse a observación.
O servizo de emerxencias do 112 recibiu a chamada de emerxencias sanitarias avisando do accidente. Desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Protección Civil de Trives, GES de Castro Caldelas e Garda Civil de Tráfico