domingo. 08.06.2025

Feijóo volve a pedir a dimisión de Marlaska na Pobra de Trives

Alberto Núñez Feijóo foi protagonista no mitin do Partido Popular na Pobra de Trives. Tamén deixou un espazo para pedir a dimisión de Fernando Grande-Marlaska

Na tarde do mércores 14 de febreiro, Alberto Núñez Feijóo foi protagonista no mitin do Partido Popular na Pobra de Trives. En este acto estaba acompañado pola deputada no Congreso por Ourense e a secretaria de Interior do PP, Ana Vázquez; o presidente da Deputación, Luis Menor; e o líder local do partido, Alberto González. 

Feijóo ten claro que non se pode «dar por gañado un voto, tampouco por perdido. Non podemos quedarnos na casa e pensar que os votos van solos ás urnas». Tamén asegura que «Galicia funcionará se nos sabemos funcionar o que nos queda de campaña». O presidente do PP, enviou este mércores unha mensaxe clara para todas aquelas persoas que non se decanten pola papeleta do seu partido, «están, dalgunha forma, elixindo o nacionalismo en Galicia».

«Os alcaldes, que son os coroneis dos exércitos electorais saben moi ben que un mitin non é un punto final e despois votar. É o punto de principio para xuntar a xente e falar, despois de finalizar o mitin empeza o traballo», asegura o presidente do partido. Segundo o expresidente da Xunta, esta comunidade autónoma «escollerá este domingo non solo o goberno para os próximos catros anos, senón o rumbo dos próximos dez anos». 

Durante o seu discurso tamén se dirixiu a Fernando Grande-Marlaska —quen se atopaba a pouca distancia de Feijóo—, «no estaba preparado coincidir con nuestro amigo Marlaska, la verdad es que yo no lo tenía preparado», asegura ironicamente. De feito engade que non lle parece mal «que sepa dónde está Castro Caldelas o dónde está Trives». 

Aproveitando este acto, pediu que o Ministro «vaya a dar la cara por el asesinato de dos Guardia Civiles. Todavía me parece mucho peor que, en este momento, no haya presentado la dimisión de Ministro de Interior de España». Feijóo quere facer fincapé en que «no lo cesaron porque el que tenía que cesarle, en la noche de luto donde los guardias civiles estaban de cuerpo presente, se puso un esmoquin y se fue a un festival de cine».

Por outra banda, Luis Menor, considera que o «que temos non pinta nada ben». De feito, espera que a Alfonso Rueda non «lle falte un escano como lle ocorreu a Don Manuel». O presidente da Deputación proclamou que «as cousas poden pintar moi mal senón facemos o que temos que facer: hai que saír a pedir o voto casa a casa, porta a porta». 

Menor tamén celebraba que en este acto estivera presente Feijóo, dicindo que é a «esperanza que temos os cidadáns normais de este país para que España volva coller un rumbo adecuado». 

Feijóo volve a pedir a dimisión de Marlaska na Pobra de Trives