lunes. 27.05.2024
somoscomarca_231209_castiñeiro_rivo_merelles-perez (3)
Elena Rivo e Xosé Merelles, visitaron en San Xoán de Río o proxecto Aldealista,

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitaron hoxe a aldea do Castiñeiro, onde coñeceron da man do seu fundador, Juan Carlos Pérez, o proxecto Aldealista, nado nesta localidade, como exemplo de innovación recoñecido pola Xunta de Galicia.

Coa súa visita, os representantes autonómicos puxeron en valor esta iniciativa que avoga por revitalizar as aldeas e utiliza unha aplicación móbil que pon en contacto particulares con estas localidades de menos de 5.000 habitantes, para que poidan coñecelas e, nun futuro, de ser o caso, desenvolver o seu proxecto vital nestas zonas. En paralelo contribúese ao seu desenvolvemento dixital e económico.

somoscomarca_231209_castiñeiro_rivo_merelles-perez (2)
Juan Carlos Pérez, amosa a Merelles e Rivo a aplicación en presenza do alcalde De San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez

Na mesma liña, a Xunta de Galicia quere aproveitar o potencial de crecemento das contornas rurais, a través do despregamento da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta na actualidade con doce centros activos, tres deles na provincia de Ourense (Verín, O Barco de Valdeorras e O Carballiño) ao que se sumará en breve un cuarto que estará situado en Baños de Molgas. A iniciativa, lembrou Rivo, vén de espertar o interese da Comisión Europea como modelo a replicar noutros países da Unión.

O Goberno galego tamén quere dar cabida na comunidade a nómades dixitais ou profesionais en remoto a través de espazos co-living, que engaden aos servizos de coworking a posibilidade de residir nestes lugares de xeito temporal. O obxectivo desta iniciativa, explicou Elena Rivo, é seguir dinamizando o rural galego, xerando actividade económica dun modo sustentable.

No eido do turismo, Xosé Merelles salientou a importancia desta iniciativa para poñer en valor o potencial turístico do rural galego. E facelo, ademais, da man da innovación, un aspecto, dixo “moi aliñado co traballo levado a cabo desde Turismo de Galicia e da man das nosas estratexias de traballo”.

somoscomarca_231209_castiñeiro_rivo_merelles-perez (4)
Chemi Pérez, Xose Merelles, Elena Rivo e Xoan Carlos Pérez no Museo da Billarda de Castiñeiro

Fixo mención, ademais, á tendencia turística deste ano, cando, nos dez primeiros meses, Galicia recibiu máis de 6,4 millóns de viaxeiros aloxados. Neste contexto, salientou o caso da provincia de Ourense, na que, segundo os últimos datos do INE, se rexistraron máis de 340.000 viaxeiros aloxados, o que supón un incremento de máis do 3% en relación co ano pasado e que fixeron máis de 600.000 noites, o que supón un incremento do 5%.

somoscomarca_231209_castiñeiro_rivo_merelles-perez (1)
Merelles interésase poloo que está acontecendo nesta pequena aldea de 7 habitantes

Elena Rivo e Xosé Merelles, visitaron en San Xoán de Río o proxecto Aldealista