viernes. 30.05.2025

«Decidiuse apostar por ter a voz de Europa no local»

O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, pon voz en Bruxelas as dificultades nas que se atopa o rural
somoscomarca_xosemiguelperez_2023-11-30
Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río

Catro días e 200 charlas. Estas foron as intensas xornadas que viviu Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río na Semana Europea das Rexións e Cidades. 

Durante estas xornadas puido observar de primeira man «que todas as rexións europeas temos os mesmos problemas a distintos niveis». Aínda que, na comarca está agudizado, «temos 20 anos de media máis que na Unión Europea». 

A maiores, observáronse cambios na estrutura das redes de axuda. O rexedor era un dos representantes de Galicia a través da Comisión Europea na rede "Construír Europa coas Autoridades". Ademais había unha similar do Comité de Rexións. Con esta premisa decidiuse unificalas e «apostar por ter a voz de Europa no local».

O novo organismo, do que forma parte Xosé Miguel Pérez, «terá máis financiamento e impulso». Das 166 persoas representantes de España «tocoume contar a situación do meu pobo». Neste relatorio fixo especial fincapé na perda de poboación.

«Cando entramos na Unión Europea, nos anos 80, éramos 3 mil habitantes e quedamos 500», recorda. Ao que engade: «Tiñamos colexios e nenos. Agora temos unha media de idade de 65 anos». Un dos obxectivos de este tipo de programas e proxectos é «abrir os ollos. Achegar Europa as nosas realidades».

Pérez anima a todos os alcaldes e representantes «a unirse a este tipo de redes». Alí atopouse con grandes grupos que ían representar a outras zonas, «entón cantos máis levemos a nosa voz a Europa, máis caso nos farán». 

Si desexa escoitar a entrevista completa con Xosé Miguel Pérez pode facelo aquí:

«Decidiuse apostar por ter a voz de Europa no local»